Somos unha empresa de enxeñaría que opera como partner estratéxico e socio tecnolóxico da nosa clientela. Contribuímos a desenvolver a súa competitividade e creamos valor nos ámbitos das telecomunicacións, enxeñaría industrial, arquitectura e tecnoloxías da información.
Orientados á xestión integral de proxectos, a través de cinco áreas:
- Telecomunicacións
- Industria e enerxía
- Tecnoloxías da información
- Sistemas de xestión empresarial
- Consultaría Estratéxica e Formación
Impel está formado por profesionais para os que a
innovación dende o coñecemento permite achegar valor. Así nos beneficiamos do noso instinto tecnolóxico.