Dominamos o terreo. Experiencia e coñecemento técnico, unidos á innovación constante, son as claves para lograr a máxima eficacia no desenvolvemento de cada proxecto.
As áreas de Delineación e de Topografía resultan esenciais para ofreceren solucións integrais. Como apoio a grandes proxectos, ou como proxecto en si mesmo, Impel desenvolve:
- Proxectos e levantamentos topográficos
- Proxectos cartográficos
- Parcelacións, deslindes e medicións
- Estudios de replaneamento
- Cartografía básica e de temática medioambiental
- Levantamento, cálculo e replaneamento analítico de novas zonas urbanas
- Medicións de terreos e certificacións de superficies
- Estudos de viabilidade e de trazado de infraestruturas
|