Estamos onde están os/as nosos/as clientes, ofrecéndolles os servizos desde A Coruña, Ourense, Pontevedra, Sevilla e Madrid.
Non entendemos estrutura coma unha armadura cuxa rixidez non nos permita mover con axilidade. A orde e o establecemento de responsabilidades mantéñense xunto cunha cultura da adaptación ao mercado, que está dada por unha alta flexibilidade. O noso organigrama non ten funcións que teña que explicar, nin postos que haxa que cubrir con contidos despois de denominalos.