Estamos onde están os/as nosos/as clientes, ofrecéndolles os servizos desde A Coruña, Ourense, Pontevedra, Sevilla e Madrid.
A nosa historia fórmana máis de 20 anos de experiencia e a esixencia renovada de cada día xunto aos nosos clientes. A nosa dedicación no sector das telecomunicacións permítenos estar na vangarda tecnolóxica permanentemente, colaborando coas empresas de maior esixencia no noso sector.
No ano 2000 Impel obtén a acreditación da compañía Lloyd´s Register Quality Assurance coa Norma EN-ISO 9001:1994 e, posteriormente, no 2004 renóvase o certificado de acordo á Norma UNE-EN-ISO 9001:2000.
A mellora continua dos nosos servizos derivou na posta en marcha do Programa de Calidade Total, co que pretendemos manter o nivel máis alto.
Se queres participar no reto de crecer coa innovación nalgunha das nosas áreas, remítenos o teu currículo.